Inaugúrase a segunda fase da senda fluvial do Umia

    RIBADUMIA> O Conselleiro de Medio Ambiente, xunto co Presidente da Deputación e os alcaldes dos Concellos lindeiros ca desembocadura…

    {flowplayer}images/salnes/senda_fluvial_umia.flv{/flowplayer}

    …do Umia inauguraron esta mañá un novo tramo de senda peonil á beira deste río. Esta ampliación supón a adecuación dun treito de 2,8 kilómetros que une Pontearnelas ca Ponte de Cabanelas; o que completa un percorrido de cinco quilómetros de senda fluvial.

    O acto de inauguración consistiu nunha plantación de árbores autóctonas á beira do río, e o posterior paseo inaugural ca correspondente descuberta de placa. No transcurso deste acto ó aire libre, o titular do ente provincial, Rafael Louzán, denunciou que esta obra xa levaba varios anos prevista pero que foi relegada polo goberno estatal nos últimos oito anos, marxinando así esta comarca. As previsións apuntan a que esta ruta continuará río arriba ata os Concellos de Caldas e Portas.

    Esta actuación está incluída dentro do Plan Umia, no que tal e como adiantou hoxe o Conselleiro de Medio Ambiente, tamén se inclúe a creación na nova captación e depósito na Estación de Tratamento de augas de Caldas de Reis. Esta actuación suporá unha inversión de 600.000 euros e conta cun prazo de execución de seis meses, co que debería estar operativa ó longo do ano que ven, ó igual que a estación depuradora do río Umia, que comezará a funcionar en probas ó longo do vindeiro 2012.

    Redacción Salnés