O concello de Poio terá a súa propia escola de vela

POIO> O Casal de Ferreirós acolleu a presentación da Escola Deportiva de Vela Concello de Poio. Unha iniciativa dirixida principalmente ós nenos do concello coa que se pretende iniciar ós cativos neste deporte náutico. A medallsita olímpica Sandra Azón estivo presente no acto.

{flowplayer}images/salnes/vela_081211.flv{/flowplayer} 

Poio contará a partir de agora cunha escola municipal de vela, grazas á colaboración de Concello, Federación Galega e Club Náutico Combarro. As clases desenvolveranse no Porto de Combarro, os venres de 16 a 18 horas. A directora da Escola de Vela de Combarro, a medallista olímpica Sandra Azón, confía en que a iniciativa sexa ben acollida por nenos e pais. 

Poio xa conta cunha escola de vela en Raxó se ben dende o concello aseguran que esta de Combarro non ven a ser unha substituta senón, un reforzo para o deporte da vela no municipio.

En canto ós prezos, serán 20 euros mensuais para os nenos que xa estean inscritos nas escolas deportivas de Poio e 25 para os que non o estean aínda. Para aqueles que non estean empadroados no concello de Poio o prezo ascenderá a 35 euros.

Redacción Salnés