A Xunta segue a vertebrar as comunicacións na comarca de Noia

visitaconselleiroenlacesampaio100.jpgNOIA> A conexión entre o corredor Brión-Noia e a estrada AC-543 abrirá ó tráfico durante o primeiro semestre de 2012.

{flowplayer}barbanza/visitaconselleiroenlacesampaio.flv{/flowplayer}

A nova vía que conectará a glorieta do enlace de Sampaio coa estrada vella dará servizo á zona sur de Noia e a Lousame, permitindo ós seus habitantes acceder directamente ó corredor que conecta a comarca con Santiago.

A conexión terá tres carrís de tres metros e medio cada un e dúas beiravías de metro e medio.

Acceso dende Portobravo

Ademais das melloras que se están a executar nesta vía, a Consellería de Infraestruturas ten previsto acometer un acceso dende Portobravo ó vial de Sampaio, que actualmente está en fase de estudo.

O obxectivo destas actuacións viarias é mellora-las comunicacións coa capital galega, ó tempo que se contribúe a alixeirar o tráfico pesado dos núcleos de poboación.

Redacción Barbanza