O BNG pobrés pide máis man dura cos vertidos industriais

    bngedarpobra.jpgPOBRA> Os nacionalistas culpan ó executivo de pasividade e de non estar actuando contra as empresas infratoras.

    {flowplayer}barbanza/bngedarpobra.flv{/flowplayer}

    Non é un problema novo. O BNG leva xa anos denunciando este tipo de prácticas ilegais que realizan moitas empresas de verter directamente á rede xeral, sen que o goberno municipal faga nada por remedialo. Dende as filas nacionalistas botan en falla a adopción de medidas sancionadoras por parte do concello ós infractores que xa aparecen recollidas no Regulamento Municipal de Vertidos.

    A voceira nacionalista sinala ademais que o verdadeiro culpable desta situación é o propio Concello que non é capaz de exercer as súas competencias.

    Investigación

    Ante todo isto, dende a formación frentista, solicítaselle ó concello que se investiguen ata as últimas consecuencias os feitos ocurridos na EDAR municipal esta pasada fin de semana e que se esixan contundentemente as responsabilidades ós causantes dos mesmos.

    Redacción Barbanza