Optimismo moderado no sector ante a suba dos TAC

    negociacioncotaspesqueiras100.jpgRIBEIRA> O incremento das cotas pesqueiras supón un alivio para a flota galega que en 2011 tivo que facer fronte ós drásticos recortes en especies estratéxicas.

    {flowplayer}barbanza/negociacioncotaspesqueiras.flv{/flowplayer}

    Vinte especies das que España ten cota en augas europeas verán incrementados os seus TACs de cara ó 2012. Destaca, por riba de todas, o lirio que en 2011 sufrira un recorte do 93 por cento poñendo en risco a un bo número de portos galegos.

    Entre eles o de Ribeira que dende que coñecera a decisión de Bruxelas organizou diversas protestas. A mobilización social unida á capacidade de negociación do sector e da administración autonómico conseguiron a reparación desa inxusta decisión.

    No bo camiño

    Para os profesionais do sector este debe ser o camiño a seguir, fixando os totais admisibles de capturas en base a criterios científicos e socioeconómicos e favorecendo aqueles flotas que abastecen ó mercado de peixe fresco en lugar das capturas destinadas á industria.

    Maior presenza

    Áinda que son optimistas coas cotas acadadas para o próximo ano consideran vital un maior peso de Galicia nas negociacións en materia pesqueira posto que é unha das comunidades con maior dependencia desta actividade produtiva.

    Redacción Barbanza