Piden o traslado urxente das laudas gremiais para frear o seu deterioro

laudasnoia100.jpgNOIA> O executivo agarda darlle unha solución definitiva ás máis de duascentas laudas gremiais que se atopan á intemperie no cemiterio de Santa María a Nova.

{flowplayer}barbanza/laudasnoia.flv{/flowplayer}

Non é un problema novo; dende hai anos os distintos gobernos municipais que pasaron pola alcaldía non conseguiron buscarlle unha solución definitiva ás máis de 200 laudas que se atopan amontoadas ás inclemencias do tempo a carón dos muros de peche do cemiterio de Santa María a Nova.

Consciente do problema e de que mesmo se están a poñer en perigo estas pezas medievais de gran interese cultural e histórico, o edil de Casco Histórico e Patrimonio, Bieito González, xa reclamaba hai algún tempo unha solución a este problema.

Hai uns días o propio Bieito González, trasladoulle ó director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, a posibilidade do seu traslado a outro emprazamento, ante a falla de fondos para realizar dunha actuación de maior magnitude coa conseguinte restauración e posterior exposición das pezas.

Redacción Barbanza