En suspenso a continuidade do transporte adaptado en Muros

transporteadaptado100.jpgMUROS> A piques de rematar o ano, os usuarios do transporte adaptado de Muros non saben aínda se seguirán a contar con este servizo durante o 2012.

{flowplayer}barbanza/transporteadaptado.flv{/flowplayer}

Actualmente son catorce os veciños de Muros que utilizan o transporte adaptado para acudir ó centro ocupacional de Valadares e do Stand de Noia. Ata fin de ano, o servizo correu a cargo da Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur). Sen embargo, para o concello resulta insostible seguir aboando os catro mil euros mensuais que recibe a entidade por este concepto.

Alternativas

A pesar de non contar cunha partida específica para este servizo dentro do plan Concertado dende xuño, o concello seguiu sufragando o servizo pero a partir de 2012 optarán por unha alternativa.

Ante a falla de acordo con Adisbismur na revisión dos prezos, o executivo estuda a contratación doutra empresa con mellores condicións ou mesmo a asunción directa do servizo coa adquisición dun vehículo adaptado e a contratación de persoal.

Dende o BNG fixéronse eco tamén deste problema solicitando que ante todo se manteña o servizo, facendo un esforzo tanto por parte do concello como de Adisbismur.

O mantemento do transporte é tamén prioritario para os representantes do goberno municipal que onte mantiveron un encontro cos pais dos usuarios para trasladarlles a súa vontade de ter solucionado o problema de cara ó inicio do curso.

Redacción Barbanza