OTSXG desestima o recurso da familia Baltar

    sentenzavivendacastelao.jpgRIANXO> A sentenza ratifica o decreto aprobado no seu día por Cultura de declarar á casa de Castelao, coma Ben de Interese Cultural, na categoría de sitio histórico.

    {flowplayer}barbanza/sentenzavivendacastelao.flv{/flowplayer}

    O executivo rianxeiro informou esta mañá do fallo do TSXG que ratifica o decreto aprobado en marzo de 2009 pola consellería de Cultura de declarar á casa de Castelao, ubicada na rúa de Abaixo, coma Ben de Interesa Cultural na categoría de sitio histórico, avalada esa decisión polo informe favorable de tres organismos consultivos: a Real Academia de Belas Artes, o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago. No decreto sinálase ademais que a vivenda de Castelao ten un indiscutible valor simbólico e constitúe o espazo no que se formou como artista, intelectual e político, converténdose na figura máis relevante de Galicia do século XX.

    Boa nova

    A boa nova coñécese a mesma semana na que a Xunta declarou a toda a obra de Castelao coma ben de interese cultural de carácter inmaterial. O primeiro deste tipo que declara o Goberno Autónomo. Dende o executivo local confíase en que a decisión do TSXG, sobre a que cabe recurso de casación, non varíe a boa sintonía actual existente coa familia Baltar, de cara a chegar a un acordo para a adquisición da vivenda do prolífico autor rianxeiro.

    Redacción Barbanza