Mañá comeza a xornada ligueira tralo parón de Nadal e no Salnés faino por todo o alto. Cun derbi que enfronta a segundo contra a cuarto e no que os tres puntos en xogo serán mañá os máis codiciados da preferente Sur. Falamos do encontro que medirá a Céltiga e Ribadumia no Salvador Otero. Comezará ás catro da tarde. A esa hora, os de Manolo Núñez e Pablo Vázquez saltarán ó campo para ofrecer un espectáculo que se espera moi disputado, non só por ser rivais directos, senón polo aliciente do derbi e porque se agardan unhas bancadas cheas de siareiros.
Ambos equipos recuperan a varios xogadores para este encontro. Nas filas do Céltiga volven Álex Vila e David, que estaban lesionados. Máis terá que agardar César, que aínda que xa está adestrando aínda non está a punto para entrar na convocatoria. O mesmo lle sucede a Óscar García. Terá que agardar no banquiño pero por estar sancionado. No cadro dos aurinegros volven Iago e Lozano, xa recuperados, e tamén poderían entrar no once inicial Miguel Cobas, que xa cumpriu os catro partidos de sanción, e Dani, que fora baixa no último encontro por motivos persoais.
Redacción Salnés