Detido un mozo en Noia por agredir presuntamente á súa parella

agresionviolenciaxeneronoia100.jpgNOIA> A fin de semana de Reis deixou na comarca do Barbanza varios sucesos violentos. O máis grave vivíase en Noia onde un mozo agrediu á súa parella.

{flowplayer}barbanza/agresionviolenciaxeneronoia.flv{/flowplayer}

Os feitos aconteceron a media tarde do pasado venres cando os veciños alertaron da presenza dunha moza que presentaba feridas na cabeza nun portal da Avenida da Coruña. Cando os axentes se desprazaron ata o lugar atopáronse co seu presunto agresor, a parella coa que convivía, que presentaba tamén lesións no pescozo.

Ingreso hospitalario

A gravidade das feridas que presuntamente se provocou a si mesmo, obrigaron ó seu traslado ó Clínico de Santiago, onde permanece ingresado á espera de que lle dean a alta para pasar a disposición xudicial.

Arma

Tras acontecer os feitos, esa mesma noite un veciño atopou un coitelo na rúa que foi entregado á Garda Civil como presunta arma da agresión.

Á espera de que se esclarezan os feitos todo apunto a que se trata dun caso de violencia de xénero. A parella, natural do concello limítrofe de Outes, levaba moi pouco tempo convivindo no domicilio de Noia e non existía denuncias previas.

Violencia doméstica

Este non foi o único caso de violencia acontecido na comarca xa que onte mesmo procedeuse á detención dun home de corenta anos na Pobra por presuntos malos tratos á súa nai, de 78.

Redacción Barbanza