Os praceiros de Ribeira trasladaranse á carpa a principios de marzo

    trasladoprazaribeira100.jpgRIBEIRA> Tras quedar deserto o concurso para adxudicar a carpa que albergará ós praceiros, o concello volveu abrir o prazo para a presentación de ofertas.

    {flowplayer}barbanza/trasladoprazaribeira.flv{/flowplayer}

    Está previsto que a nova adxudicación se resolva esta mesma semana posibilitando que a carpa estea rematada na primeira quincena de marzo, cando está prevista a instalación dos vendedores.

    O concelleiro delegado de mercados garantizou que entre o peche e o traslado á nova infraestrutura non transcorrerán máis de dez días para evitar un paro forzoso dos traballadores.

    Na xuntanza mantida onte cos vendedores acordáronse tamén outros puntos a incluír no futuro regulamento de mercado como a posta en marcha dun servizo de entrega a domicilio ou a obrigatoriedade de levar uniforme para tódolos praceiros.

    Redacción Barbanza