Emilio Calatayud: ‘O problema está fundamentalmente na educación’

    emilio_calatayud100.jpgSANXENXO> Así o defende o xuíz de Menores Emilio Calatayud,  coñecido polas súas sentencias curiosas e exemplares baseadas, precisamente, na educación.

    {flowplayer}images/salnes/xuiz_menores_ies_vilalonga.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Así o defende o xuíz Emilio Calatayud, encargado do Xulgado de Menores de Granada e coñecido polas súas sentencias curiosas e exemplares baseadas, precisamente, na educación.

    Calatayud ofreceu esta mañá unha conferencia no instituto de Vilalonga, en Sanxenxo a alumnos de primeiro e segundo de ESO. Faloulles da situación legal en España, e dos dereitos e obrigas que teñen os menores a nivel familiar, escolar e social. Analizou tamén os conflictos habituais de menores e as consecuencias destes feitos para eles e para os seus pais.

    O maxistrado participará tamén este venres e o sábado nunha mesa redonda sobre Como, cando e onde educar. Nestes coloquios tamén participarán o profesor de filosofía Kazuo Sakita; José Torres, representante da Policía Xudicial de Pontevedra e especialista en delictos informáticos; os axentes da Garda Civil de Tráfico José Vilar e Arturo Moraña; e Abelardo Martínez, Policía Local de Sanxenxo e responsable do programa escolar de educación viaria. Serán no pazo Emilia Pardo, o venres ás 8 da tarde e o sábado ás 10 da mañá.

    Estas charlas foron organizadas pola asociación de Nais e Pais ‘ A Salgueira’, en colaboración co Concello de Sanxenxo.

    Redacción Salnés