Toneladas de tapóns para axudar a Paula a camiñar

    recollidataponspaula100.jpgBOIRO> Continúa a marea solidaria de axuda a Paula. A campaña de recollida de tapóns de plástico esta a dar mellor resultado do agardado.

    {flowplayer}barbanza/recollidataponspaula.flv{/flowplayer}

    Persoas anónimas de toda Galicia e mesmo doutras rexións están a colaborar na recollida de tapóns co fin de recadar fondos para a pequena Paula. Unha delas é Lucía que coa axuda do seu home almacena no seu garaxe as bolsas que recolle por toda a comarca. Grazas á axuda do concello, a través do persoal de Protección Civil, os residuos son traslados ó edificio das Colonias, en Praia Xardín, onde se gardan ata que saen cara as empresas que os mercan.

    Esta mañá, cargouse un camión con máis de catro toneladas que partiu cara a empresa Magonsa, en Villamurriel, quen realizou o transporte de balde.

    Só plásticos

    Os organizadores da iniciativa agradecen a enorme colaboración cidadá aínda que lembran que só valen os tapóns de plástico e non so metálicos ou de pasta.

    A pesar dos bos resultados nos meses que levan coa campaña lembran que non é doado reunir unha tonelada de tapóns posto que pesan pouco pero ocupan gran volume.

    Aínda así son optimistas posto que pensan seguir con esta iniciativa a longo prazo. Animan á xente a seguir colaborando xa que ademais de axudar a Paula contribúen á recollida selectiva para unha mellor conservación do medio ambiente.

    Redacción Barbanza