O atraso na apelación de Monte Faro foi un ‘erro’ da procuradora

    catalinagonzalez copia.jpg SANXENXO> A alcaldesa Catalina González asegura que o concello pelexará ata o final o recurso da sentenza, pero se se fai firme, pagarán ‘o antes posible’.

    {flowplayer}images/salnes/ALCALDESA_MONTE_FARO.flv{/flowplayer}

    A alcaldesa de Sanxenxo Catalina González amosouse tallante esta mañá á hora de aclarar os pasos que seguíu o goberno local en relación co procedemento xudicial de Monte Faro. Asegura González que mentres teñan posibilidade seguirán loitando para que os Xulgados de Pontevedra admitan a petición de revisión do recurso de apelación presentado polo concello. Explica a rexedora que candos e interpuxo o primeiro recurso á sentenza emitida polo xulgado, produciuse une rro de procedemento, ó non persoarse en tempo e forma a procuradora. Pero mentres non se resolve esa petición, Catalina González asegura que xa mantiveron varias reunións coas empresas promotoras do Solo Urbanizable número 13.

    E no caso de ter qeu abonar os tres millóns oitocentos mil euros, di a alcaldesa que o intentarán facer de inmediato para que a multa non xere intereses. A contía terá que saír dos orzamentos municipais, polo que no seu día deberá avaliarse un reaxuste das partidas existentes para extraer estes cartos. Polo momento, González insiste na solvencia dos concello.

    Redacción Salnés