Rouban 1400 euros e causan estragos nun bar de Taragoña

    roubocafeteriasuntaragona100.jpgRIANXO> Continúa a vaga de roubos que nos últimos días está a rexistrarse en Rianxo. Desta volta o obxectivo dos ladróns foi a cafetería Sun de Taragoña.

    {flowplayer}barbanza/roubocafeteriasuntaragona.flv{/flowplayer}

    Os ladróns accederon ó interior do local na madrugada do mércores. Alí, ademais da rotura dunha fiestra, conseguiron abrir a caixa rexistradora e a máquina de tabaco. En total, lograron subtraer ó redor de 1.400 euros aínda que deixaron polo camiño parte do seu botín e do material utilizado para perpetra-lo roubo.

    A xerente do negocio calcula que os feitos producíronse sobre as seis e cuarto da mañá cando saltou a alarma, preto da hora habitual de apertura que soe ser ás sete.

    Medo

    A pesar das perdas económicas, Daniela considérase afortunada de non terse topado cos ladróns posto que as consecuencias poderían ter sido moito peores.

    Sen pistas

    Polo momento, non se produciu ningunha detención relativa ó caso posto que no local non había pegadas e a pesar da existencia dun video gravado pola central de seguridade da compañía de alarmas a súa baixa calidade impediu identificar ós autores dos feitos.

    Redacción Barbanza