Adeus ó Gran Mestre do Albariño

    GRANMESTREALBARINO copia.jpg SALNÉS> O ex-presidente da Xunta e fundador do Partido Popular faleceu no seu domicilio de Madrid ós 89 anos por mor dun fallo cardíaco.

    {flowplayer}images/salnes/vinculacion_fraga_salnes.flv{/flowplayer}

    En Galicia ondean desde esta mañá a media asta tódalas bandeiras en sinal de doo polo falecemento do fundador do Partido Popular e ex presidente da xunta Manuel Fraga. Un fallo cardiaco acaba onte á noite coa súa vida despois dunha semana aqueizado dunha doenza respiratoria. Foi no seu domicilio de Madrid. Fraga tiña 89 anos e levaba desde o ano pasasdo retirado da vida pública. Presidente de honra do Partido Popular, renunciou nas últimas eleccións xerais a ir nas listas do PP para repetir como Senador. Ese foi o seu destino político despois de perder en 2005 a maioría absoluta coa que gobernara a Xunta de Galicia durante catro lexislaturas. Foron case sesenta anos de vida pública, nos que foi ministro de Información e Turismo e tamén de Gobernación no franquismo. Foi embaixador en Londres, e logo vicepresidente do Goberno de Arias Navarro. Foi candidato á presidencia do Goberno primeiro con Coalición Popular e logo con Alianza Popular. Antes de regresar a Galicia, foi eurodeputado e desde 1989 ata o 2005 foi presidente da Xunta, sempre con maioría absoluta.

    Embaixador do Salnés 

    Fraga estivo moi vinculado á comarca do Salnés, sobre todo ó Concello de Cambados. Non en van, desde os anos sesenta estaba vinculado á Festa do Albariño. Tamén porque foi impulsor dos principais servizos cos que conta actualmente a localidade. O ex alcalde Santiago Tirado lamentaba hoxe o falecemento do que considera o presidente do Albariño.

    Manuel Fraga pódese considerar o principal embaixador da Festa do Albariño de Cambados. A súa relación coa cita gastronómica remóntase ós anos sesenta, cando se converteu nun dos seus principais valedores sendo ministro de Información do goberno de Franco. Unha relación que mantivo tralo impulso do Capítulo Serenísimo, entre os oitenta e os noventa. Agás en 2011, por problemas de saúde, nunca faltou nin ó xantar oficial nin á investidura de Damas e Cabaleiros. Precisamente á última que asistiu investiu Cabaleiros a Mariano Rajoy e a Alberto Núñez Feijoo.

    O ex alcalde de Cambados Santiago Tirado lembra como coñeceu a Fraga, aló polos anos oitenta, cando xunto a Antonio Pillado o PP se facía co goberno local. Durante os anos que estiveron na alcaldía, primeiro Pillado, e logo Tirado, recorda que coa colaboración de Manuel Fraga conseguiron moitos servizos para Cambados.

    Fraga asistiu no Salnés a multitude de inauguracións, festas, mitins e encontros con empresarios ou simpatizantes do PP. E en máis dunha ocasión proclamou o seu amor pola comarca. A súa última visita oficial ó Salnés foi en 2010, á festa do Albariño.

    Redacción Salnés