‘Se é por motivos persoais, hai que aceptala’

    xose_castro_raton100.jpgVILAGARCÍA> A decisión de Xosé Castro Ratón de abandonar a primeira liña da política municipal de Vilagarcía colleu por sorpresa á cidadanía.

    {flowplayer}images/salnes/enquisa_marcha_castro_raton.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A decisión de Xosé Castro Ratón de abandonar a primeira liña da política municipal de Vilagarcía colleu por sorpresa á cidadanía. Todos coinciden en sinalar aspectos positivos do ata agora portavoz do BNG no Concello e, inda que entenden os motivos, lamentan a súa marcha.

    O ata agora portavoz do BNG de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, pediu o relevo á súa formación tralos comicios do pasado 22 de maio, cando a esquerda perdeu o goberno local. E a pesares de que os nacionalistas non tiveron malos resultados, Castro Ratón entendeu que era o momento dunha renovación e de dedicarse máis tempo a el e á súa familia.

    Inda así deixaron comezar o mandato e pasar as eleccións xerais. Onte foi o día elixido para comunicar publicamente a súa marcha. Foron doce anos, os que Castro Ratón dedicou en primeira liña á política municipal, e parece que deixaron pegada.

    Redacción Salnés