As Rías Baixas desembarcan en Fitur

    fitur100 copia.jpg MADRID> Turismo Rías Baixas presentou a oferta turística para este ano deste enclave baixo o lema ‘Un destino competitivo e de calidade’.

    {flowplayer}images/salnes/FITUR_2012.flv{/flowplayer}

    Máis de 9.500 expositores de máis de 160 países e nun espazo de 65.000 metros cadrados. Isto é a esencia de FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid desde o pasado mércores. Neste escaparate non podía faltar Galicia, que este ano está representada polo stand de Turgalicia. O longo destes días desenvolvéronse sendas presentacións a cargo de diferentes organismos galegos. Esta mañá foi a quenda do Patronato de Turismo Rías Baixas quen baixo o lema ‘Un destino competitivo e de calidade’ fixeron chegar ós asistentes o encanto da nosa terra.

    Aínda que este ano FITUR está marcada por unha clara redución no número de expositores, case a totalidade dos representantes galegos acudiron un ano máis ó certame, ó amparo de Turgalicia. Este é o caso do Patronato de Turismo Rías Baixas quenes abarcaron toda a atención esta mañá coa presentación da súa oferta turística para este ano. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, foi o encargado de presentalo acto. Dixo temos que ofrecer o mellor que temos: historia, gastronomía, turismo termal e náutico.  

    Entre os representantes de dezaoito concellos da provincia atopamos ó responsable de Turismo de Cambados, e ó alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez. Ademais de falar da Festa do Albariño e a do Marisco respectivamente tamén destacaron o seu patrimonio a súa vinculación ó mar. E aínda que non estaba previsto, case ó termo da presentación a alcadesa de Sanxenxo. Catalina González explicou que a falta dunha presentación particular se debeu a que non existe mellor paquete turístico que o de Rías Baixas.

    A Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo foi a encargada de clausuralo acto. A Feira permanecerá aberta ata o vindeiro domingo.

    Redacción Madrid