Os Rías Baixas son os brancos españois máis vendidos en EEUU

    PRESTIXIORIASBAIXAS copia.jpg PONTEVEDRA> Aínda así, é preciso seguir facendo fincapé nas campañas de promoción e, sobre todo, apostar por un perfil de consumidor máis novo.

    {flowplayer}images/salnes/ESTUDO_RIAS_BAIXAS_EEUU200112.flv{/flowplayer}

    Estados Unidos segue a ser o principal mercado exterior para os viños de Rías Baixas. Aglutina case o sesenta por cento das exportacións da D.O., unhas cifras de venda que levan medrando campaña tras campaña, ata o punto de multiplicarse por dez nos últimos sete anos.

    Parte do segredo deste éxito dos Rías Baixas en Estados Unidos está no seu nicho de mercado: o sector da restauración, o que lles permite chegar tamén a un consumidor de nivel socioeconómico elevado. Pero a pesar de levar máis dunha década presentes no continente, aínda existe un gran descoñecemento sobre a orixe destes viños. É por iso que as campañas de promoción realizadas polas 15 adegas da DO que exportan a Estados Unidos en colaboración co ICEX e o IGAPE inclúen visitas de prescriptores americanos ás zonas de produción de Rías Baixas. Iniciativas que se manterán este ano, aínda que agora a prioridade é captar a atención dun perfil de público mozo, o segmento de consumidores de viño que máis está a medrar no continente americano. A eles se dirixe a nova campaña publicitaria, cun polbo e o mar como protagonistas.

    De cara o futuro, Katrin K. Naelapaa, directora da oficina do ICEX en EEUU, considera que os Rías Baixas poden manter esta liña de crecemento nas vendas, pero para iso hai que seguir invetindo en promoción.

    Redacción Salnés