O PSOE pontevedrés avala a lista defendida por Modesto Pose

    pose_congresocopy.jpgPONTEVEDRA> Segundo o Secretario Provincial estes resultados débense a que contaban cunha lista de provincia que fixo un traballo previo.

    {flowplayer}images/salnes/CONGRESO_PSOE_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    Unha lista de provincia, que fixo un traballo previo fronte a unha alternativa atomizada por diferentes circunstancias. Estas foron as claves, segundo o Secretario Provincial do PSOE en Pontevedra, Modesto Pose, para que a lista oficial ó Congreso Federal, encabezada por Abel Caballero, e que el defendía, acadase a vitoria no congresillo do pasado sábado.

    Con 72 votos a favor, o que supón o 55% do total, a lista oficial do PSOE Provincial ó Congreso Federal acadou a vitoria fronte ós 47 votos obtidos pola segunda candidatura máis votada, encabezada por Marta Giráldez. Esta mañá o secretario Provincial, Modesto Pose, amosou a súa satisfacción ante estes resultados, en parte agardados confesou.

    E é que, segundo Pose, as dimisións que se produciron nas últimas semanas na súa executiva viñan propiciadas ante a inminente celebración do congresillo do sábado. Tratábase, dixo, de debilitar ó Secretario Provincial e de reforzar ó Secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez.

    En canto a súa preferencia por Alfredo Pérez Rubalcaba ou Carme Chacón, Pose non ocultou as súas simpatías por Rubalcaba pero matizou que o seu voto no Congreso Federal que se vai celebrar en Sevilla, vai ser un voto reflexionado.

    Por último, falamos tamén co Secretario Provincial da súa posible reelección ó posto. Neste senso, Pose adiantou que non se vai presentar pero que vai traballar para buscar unha persoa de consenso.

    Redacción Salnés