Acoitelamento en Pontevedra

    acoitelamentocopy.jpgPONTEVEDRA> Un home duns 45 anos de idade foi ingresado esta mañá no Hospital de Montecelo cunha ferida causada por arma branca.

    {flowplayer}images/salnes/Acoitelamento.flv{/flowplayer}

    Foi o recepcionista do Hotel Madrid, no centro de Pontevedra, o que avisou ó servizo de urxencias despois de que o home se sentara na terraza do establecemento e lle pedise axuda. 

    Nese momento Andrés era o único empregado do Hotel que se atopaba traballando, na cafetería ademais había un par de clientes. Acababa de montar a terraza cando o home se sentou nesta cadeira e botándose a man ó costado esquerdo pediulle que chamase á ambulancia.

    O home quedou sentado na cadeira mentres Andrés foi a chamar ós servizos de urxencia, despois, seguindo as indicacións dos médicos colleu unha toalla e taponoulle a ferida. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Policía de Pontevedra aínda que o home non quixo explicar nada do sucedido, polo que ata o de agora descoñécense máis detalles.

    A vítima foi trasladada ata o Hospital de Montecelo e segundo as últimas informacións tivo que ser operado de urxencia e o seu prognóstico é grave. A Policía Nacional mantense a espera de que o home se atope en condición de ser interrogado.

    Redacción Salnés