Escolleira reclama apoio para o seu proxecto de rexeneración da ría

escolleiranoiapleno.jpgNOIA> A súa solicitude realizarase a través dunha moción, que pretenden que o executivo local inclúa na orde do día do pleno do vindeiro venres.

{flowplayer}barbanza/escolleiranoiapleno.flv{/flowplayer}

Dende o colectivo Escolleira coinciden ó sinalar que este é o mellor momento para volver a reclamar a rexeneración integral da ría noiesa, que segundo eles pasaría fundamentalmente por retomar un vello proxecto, datado do ano 1952, elaborado polo enxeñeiro Eduardo Álvarez Valderrama, que pretendía, entre outras actuacións, a continuidade da escolleira e a recuperación do porto noiés e a praia urbana de Labarta, así como tamén o resto do bordo litoral. De levarse a cabo, aínda que fora por fases debido á crise actual, o potencial de futuro que se abriría, segundo eles, para Noia, sería inmenso, ca recuperación de espazos para o marisqueo, actualmente desaproveitados.

Por esta razón pretenden que se acade, no próximo pleno, un compromiso de tódalas forzas alí representadas, para reclamarlle ás distintas Administracións con competencias nesta materia, unha actuación conxunta e de gran calado que poña fin a un problema como o da rexeneración da ría que por desgraza Noia padece dende hai moitos anos.

Redacción Barbanza