‘Traballaremos cos sectores implicados para obtela bandeira azul’

    visita_conchacompostelacopy.jpgVILAGARCÍA> O alcalde, Tomás Fole, facía estas declaracións durante a súa visita ás praias Concha-Compostela xunto ó responsable de AEAC.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_PRAIAS_VILLA_AEAC.flv{/flowplayer}

    Despois de que onte o responsable en Galicia de AEAC, a asociación que outorga as bandeiras azuis, informase que a insuficiencia na calidade da auga da praia Concha Compostela era o motivo para que Vilagarcía non conseguise este distintivo, esta mañá o alcalde visitou os areais do municipio xunto ó vicepresidente da asociación. O obxectivo: determinalas actuacións a levar a cabo para o que será preciso, sinalou Fole, traballar conxuntamente cos sectores implicados.

    Traballar conxuntamente cos sectores produtivos implicados para conseguir que a praia Concha-Compostela obteña a bandeira azul. Esta é a clave, segundo o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, para conseguir este distintivo. A primeira actuación a levar a cabo será identificar e corrixilos vertidos que están a impedir que a calidade da auga non estea nos óptimos parámetros.

    E é que nin as varas dos parquistas, nin as mariscadoras, nin a calidade da area son os causantes de que Vilagarcía non conte con bandeira azul neste areal. 

    Con todo, Fole non quixo aventurarse a fixar un prazo para que os problemas de vertidos estean resoltos. Dixo, iso si, que farán todo o posible para solucionalos canto antes.

    Ademais, desta praia, o alcalde tamén visitou xunto ó responsable de AEAC as praias de Vilaxoán e Bamio para as que tamén solicitaron a bandeira azul para este ano.

    Redacción Salnés