Falece un veciño de Catoira ó caer nunha máquina de formigón

CATOIRA>Un veciño de Catoira de 45 anos faleceu hoxe no interior dun contedor de reciclaxe de formigón na fábrica de Prebetong na parroquia…

{flowplayer}images/salnes/accidente_laboral_catoira.flv{/flowplayer} .

…catoirense de Abalo. Os feitos aconteceron en torno ás cinco e media da tarde, cando este traballador Juan Manuel Tornai Touriño, intentaba limpar este recipiente que separa ós diferentes elementos que compoñen o formigón para ser reutilizados. O finado adoitaba traballar na factoría de Pontevedra, pero a súa experiencia facían del un empregado polivalente, capaz de suplir a calquera empregado que se fose de vacacións. Nesta ocasión viñera o xoves pasado para esta factoría catoirense a cubrir as vacacións dun compañeiro.

A providencia quixo que a tivese alí e que fose a morrer diante da casa da súa familia. Os seus parentes máis próximos foron dos primeiros en enterarse da noticia. Entre eles os seus pais, a súa muller e os seus dous fillos, un deles menor de idade; amais doutros familiares, entre eles seu curmán, Eduardo Touriño, Tenente de Alcalde de Catoira.

A conmoción no lugar do Busto onde residía foi total debido á brutalidade e o inesperado do sinistro. Este é o primeiro accidente destas características que recordan os veciños nesta planta que leva máis de 40 anos instalada neste lugar.

Redacción Salnés