‘Francisco Asorey é un artista mal coñecido’

ragba_asorey100.jpgCAMBADOS> A RAG de Belas Artes advirte que Francisco Asorey, pese a ser o gran escultor galego do século XX, na actualidade é un artista mal coñecido.

{flowplayer}images/salnes/ragba_cambados.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> A Real Academia Galega de Belas Artes advirte que Francisco Asorey, pese a ser o gran escultor galego do século XX, na actualidade é un artista mal coñecido. Así o indicou o académico Miguel Fernández Cid na primeira sesión da Academia deste ano, que se celebrou o sábado en Cambados.

Con esta sesión da RAGBA, o Concello de Cambados clausurou as actividades do Ano Asorey, que se celebrou coincidindo co 50 aniversario do pasamento do escultor. Un ano, o 2011, no que Cambados acolleu desde unha exposición de esculturas de Asorey, ata un curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo sobre o autor, ou mesmo inaugurou unha estatua dedicada a el no paseo da Calzada.

Os académicos galegos de Belas Artes celebraron un plenario no Parador de Turismo e unha asemblea pública no Auditorio da Xuventude. Tamén fixeron ofrendas florais ante o busto a Cabanillas que fixo Asorey e ante a réplica de ‘A Naiciña’ de José Cao Lata, discípulo de Asorey. Entre os asistentes estivo o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez.

Entre outras autoridades estivo tamén o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, o cambadés Xosé Manuel Cores Tourís, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, amais de familiares de Francisco Asorey.

Pola súa banda, o grupo municipal do PSdeG-PSOE lamentou que o goberno local só lles invitase a unha parte dos actos.

Redacción Salnés