Thais de Picaza asegura que a enganaron na venda de Malvar

    thais2 copia.jpg PONTEVEDRA> A viúva do construtor José Malvar está acusada de fraude fiscal e falsidade documental pola venda de Construcciones Malvar.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_thais_de_picaza.flv{/flowplayer}

    Segundo a investigación aberta en 2004 pola Axencia Tributaria, as firmas Malvar e Maponsa sufriron problemas económicos á morte dos seu fundador, José Malvar, en 1992. Ante isto, a súa viúva, Thais de Picaza, vendeu a empresa a OHL, a través da sociedade patrimonial San Cucufato, da que ela era administradora única. Segundo declarou José María del Cuvillo, por entonces director da asesoría xurídica de OHL, tras varios convenios acordouse finalmente unha compravenda con prezo aprazado, unha ‘operación acordeón’, na que OHL puxo 6.000 millóns de pesetas e Thais de Picaza, a través de San Cucufato, 150 millóns máis un crédito, co compromiso de deixar a compañía, vendendo as súas accións por unha peseta. Segundo indicou, cre que aceptou este acordo para desentenderse de Malvar, que chegou a estar en suspensión de pagos.

    A acusada asegurou que non foi consciente de que houbera fraude fiscal nesta operación e que confiou nos seus asesores económicos e fiscais, polo que se considera unha vítima.

    Entre as acusacións figura a suposta falsidade dunhas facturas declaradas por San Cucufato acerca dunhas obras realizadas nunha finca en Algeciras. Thais de Picaza asegurou descoñecer estas facturas e dixo que pagara as obras do seu peto.

    Picaza culpou directamente ós que entón eran os seus asesores, entre eles a Antonio Luís Morillo, encargado entón da asesoría de San Cucufato. El mesmo recoñeceu que asentou esas facturas e que as declarou no imposto de sociedades porque alguén da empresa llas entregou, pero non lembra quen.

    Un total de dez testemuñas e tres peritos prestaron declaración esta mañá nos xulgados de A Parda para esclarecer os feitos dos que se acusa a Picaza Mejías. O fiscal de delitos económicos solicita para a acusada, sendas penas de dous anos de prisión e multas de 1,7 millóns de euros. O avogado da Defensa pediu hoxe a prescrición de ambos delitos.

    Redacción Salnés