Cando os problemas de matemáticas parecían novelas….

floridopensil copia.jpg VILAGARCÍA> O sábado chega ‘O Florido Pensil’, unha obra teatral sobre a educación na posguerra con Xosé M. Olveira ‘Pico’ e Antonio Durán entre outros.

{flowplayer}images/salnes/FLORIDO_PENSIL.flv{/flowplayer}

Basada na novela de Andrés Sopeña, ‘O Florido Pensil’ estreouse por primeira vez no ano 1996 e desde entón conta no seu currículo con máis de tres mil representacións. En Madrid estivo nove meses en cartel con cheos absolutos e en Bos Aires dous tamén con gran acollida entre o público. Tras presentarse en catalán e euskera, chega agora a versión galega a Vilagarcía.

Ademais de Xosé Manuel Olveiva e Antonio Durán, completan o cartel Federico Pérez, Alfonso Agra e Josito Porto. Xuntos retratarán o mundo da posguerra española desde un punto de vista tenro á vez que cómico.

A función será o sábado no Auditorio Municipal a partir das oito e media do serán. O prezo da entrada: 16 euros.

Redacción Salnés