Medio Ambiente prorroga a consulta pública para ampliar a Rede Natura

    visitaconselleiroparquecorrubedo100.jpgRIBEIRA> O Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitou o parque natural de Corrubedo para conmemorar o Día dos Humedais.

    {flowplayer}barbanza/visitaconselleiroparquecorrubedo.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Medio Ambiente elixiu o complexo húmido de Corrubedo, un dos máis significativos dos cinco que se atopan en Galicia, para conmemorar o Día dedicado a estes espazos de gran riqueza ecolóxica.

    Tras visitar as instalacións do centro de interpretación do complexo dunar e as lagoas de Carregal e Vixán, o conselleiro anunciou a prórrogas dun mes da consulta pública para a ampliación da Rede Natura na que tamén se inclúe estes espazos.

    Solta de aves

    Tralo percorrido polas instalacións do parque, o Conselleiro e demais representantes institucionais baixaron ata a praia onde realizaron a solta de aves mariñas xunto escolares de Ribeira.

    Redacción Barbanza