Satisfacción polo acordo con Ecoembes

convenioecoembes.jpgBARBANZA> O acordo permitirá a viabilidade da planta de reciclaxe de Lousame onde traballan preto de 150 traballadores.

{flowplayer}barbanza/convenioecoembes.flv{/flowplayer}

Segundo informaron esta mesma tarde na comparecencia ante os medios, o acordo é o resultado dos contactos entre as partes mantidos no último ano, a iniciativa da propia consellería de Medio Ambiente co fin de acadar un consenso sobre os criterios a aplicar para o establecemento dos custes que o sistema integrado de xestión debe asumir no relativo ó tratamento de determinados residuos plásticos xestionados na planta, como é o caso das bolsas de plástico comerciais dun só uso.

Recollida do 80%

O novo acordo establece que Ecoembes asumirá o custe da recuperación do 80% do plástico-film seleccionado na planta da Mancomunidade no relativo ó anos 2011, con efecto retroactivo, e 2012, o que supón unha cantidade equivalente de ata 907 toneladas.

Redución bolsas

Esta redución é acorde tamén coa diminución paulatina dun número de bolsas de plástico no mercado previsto nos vindeiros anos. Para o establecemento destes criterios, tívose en conta o calendario fixado pola nova Lei estatal de residuos e solo para a redución das bolsas comerciais dun só uso de plástico non biodegradable, que en 2018 deberán estar completamente fóra do mercado.

Redacción Barbanza