Polémica en Cabo de Cruz polo destino do sobrante de marisco

    mariscocomisadocabodecruz100.jpgBOIRO> A polémica segue a rodear á confraría de Cabo de Cruz a raíz das acusacións formuladas sobre irregularidades en relación ó marisco sobrante.

    {flowplayer}barbanza/mariscocomisadocabodecruz.flv{/flowplayer}

    O patrón maior explicou como sucederon os feitos acontecidos o pasado 26 de xaneiro. O servizo de Gardacostas realizou unha inspección ó recibir o aviso de que había marisco sobrante na lonxa vella.

    Carmelo Vidal acompañou ós axentes a rexistrar as dependencias nas que non había nada; sen embargo, nun galpón anexo atoparon ó redor de cinco quilos de ameixa que foran comisados na praia pola Garda Civil horas antes.

    Tal e como recolle a acta, o marisco atopado volveuse sementar na praia, xunto co sobrante, tal e como se fai sempre segundo explicou o patrón maior saíndo ó paso das acusacións do sector crítico que denuncia que o sobrante non queda na praia.

    Carmelo Vidal está convencido que detrás destas acusacións está un sindicato que, di, tan só se dedica a crear polémica en lugar de velar polos intereses do seus asociados.

    Redacción Barbanza