Falece un veciño de Carracedo tras saírse da vía coa súa motocicleta

    accidente_motorista_caldascopy.jpgCALDAS> O accidente produciuse onte pola tarde, a escasos metros da súa casa. O persoal do PAC nada puido facer por salvarlle a vida.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_CARRACEDO_MOTO.flv{/flowplayer}

    Un veciño de Carracedo de 38 anos perdeu a vida onte nun accidente de tráfico tras saírse da vía coa súa motocicleta na Nacional 550, ó seu por Caldas de Reis e a poucos metros da súa casa.

    Aínda que polo momentos se descoñecen as causas que provocaron o sinistro, todo apunta a que perdeu o control do vehículo. Con todo, a Garda Civil de Tráfico non descarta que a excesiva velocidade fose outro dos factores do sinistro así como as malas condicións da vía.

    Ó parecer o home circulaba cara Caldas cando,a cen metros da gasolineira de Carracedo,se saíu da vía e quedou tendido na calzada, a varios metros da súa motocicleta, coma consecuencia do impacto. Ata o lugar desprazouse, ademais da Garda Civil, persoal do Punto de Atención Continuada de Caldas que nada puideron facer por salvarlle a vida.

    Pero este non foi o único sinistro que se produciu onte neste tramo da estrada. Pouco despois tivo lugar outro accidente similar pero sen consecuencias. En total esta fin de semana, Urxencias Sanitarias de Galicia atendeu a 83 persoas debido a 55 accidentes de tráfico. Por provincias, Pontevedra foi na que máis se rexistraron con 26 sinistros.

    Redacción Salnés