Sinaturas por unha sanidade pública, universal e de calidade

    recollidasinaturassanidade100.jpgBARBANZA> A plataforma pola sanidade pública iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para a presentación dunha iniciativa lexislativa popular.

    {flowplayer}barbanza/recollidasinaturassanidade.flv{/flowplayer}

    Os representantes da plataforma en defensa da sanidade pública no Barbanza presentaron a campaña de recollida de sinaturas para a presentación dunha iniciativa lexislativa popular encamiñada a poñer fin á política de recortes promovida pola Xunta.

    A proposición non de lei que pretenden levar ata o parlamento galego recolle catro puntos fundamentais: o mantemento dunha sanidade universal de calidade, a garantín da xestión pública directa, a mellora da capacidade resolutiva da atención primaria a través da dotación de medios e a descentralización da xestión sanitaria eliminando as áreas integradas.

    Para avalar a súa iniciativa son necesarias quince mil sinaturas aínda que dende a plataforma agardan conseguir moitas máis. O único requisito para sumarse á campaña, que remata o 27 de maio, é estar empadroado nun concello galego.

    Redacción Barbanza