Vilagarcía contará cunha nova escola infantil dentro de dous anos

    centrodiavilagarcia copia.jpg VILAGARCÍA> Así o anunciou a conselleira de Traballo, Beatriz mato, quen tamén apuntou que o Centro de Día de Desamparados podería abrir en marzo.

    {flowplayer}images/salnes/BEATRIZ_MATO_CENTRO_DIA080212.flv{/flowplayer}

    En quince días podería abrirse o prazo para solicitar algunha das vinte prazas do Centro de Día de Desamparados, en Vilagarcía. Outorgada xa a licencia de primeira ocupación, por parte do Concello, a posta en marcha das instalacións é xa inminente, e podería abrir as súas portas no mes de marzo, baixo a xerencia de Cogami. Esta mañá visitaron o centro a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde Tomás Fole.

    Segundo apuntou a conselleira, desde hai dous anos, a Xunta creou en Galicia 775 prazas de centro de día. A previsión é crear 700 prazas ó longo deste ano, e rematar 2013 con 2.400. Entre elas figuran os centros que se construirán en Cambados e Vilanova. O que non se fará, por mor da crise, será aumentar as prazas concertadas xa existentes en centros como Con Eles ou a residencia Divina Pastora de Vilagarcía.

    A conselleira tamén anunciou que Vilagarcía contará cunha nova escola infantil nun prazo de dous anos. Neste tempo, o Concello deberá propor a ocupación. E nesta tarefa xa se atopa o goberno local, que non descarta situala na Casa Doutor Carús.

    Beatríz Mato indicou ademais que o Centro de Formación de Matosinhos acollerá cursos de formación de emprego certificados e homologados.

    Redacción Salnés