Chegan ó mercado as primeiras vieiras da tempada

    VIEIRAGALEGA copia.jpg CAMBADOS> Despois de preto dun ano de parón,os primeiros lotes saíron cara lugares como Barcelona, o País Vasco ou Santander.

    {flowplayer}images/salnes/COMERCIALIZACION_VIEIRA_100112.flv{/flowplayer}

    Non hai queixa polo de agora coa acollida que estas primeiras vieiras están a ter no mercado. Certo é que a campaña se atrasou por mor da toxina e cando debía estar a piques de pechar, abre. Aínda así, a reacción dos compradores está a ser positiva, e as primeiras vieiras evisceradas pola firma Porto de Cambados saían onte pola tarde cara Barcelona e outros puntos do norte peninsular. Pouca quedou na comarca do Salnés.

    A xerente de Porto de Cambados, Mar Ambroa, recoñece que están a recibir máis chamadas de clientes interesados en adquirir o produto, polo que esperan que a demanda de vieira vaia incrementando nos vindeiros días. Aínda así, máis do oitenta por cento do marisco estase a conxelar para manter a canle de vendas durante todo o ano. Faise individualmente, e tódalas pezas co selo de calidade.

    Parello ó incremento da demanda vai o aumento do copo de captura. Comezaron con 25 quilos por traballador e hoxe ese tope estaba xa nos 28. Para semana prevese seguir subindo esa cota á vez que se incorporan máis barcos. Hoxe o nivel de capturas foi superior ó das dúas xornadas pasadas. Roldaron as catro toneladas. Aínda así, non chegan ó tope de cinco mil quilos diarios que se marcaron nas previsións, pero non descartan conseguilo na vindeira semana.

    Redacción Salnés