Antonio Coello toma posesión como subdelegado do Goberno

    antonio_coello100.jpgPONTEVEDRA> Antonio Coello Bufill tomou esta mañá posesión do seu cargo como subdelegado do Goberno en Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/toma_posesion_antonio_coello.flv{/flowplayer}

    Coello estivo neste acto acompañado do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, do delegado da Xunta José Manuel Cores Tourís e do presidente da Deputación, Rafael Louzán, amais doutras autoridades da provincia.

    Un dos retos que se marca o novo subdelegado será traballar na coordinación entre as administracións. A seguridade viaria é outro dos retos que leva na súa carteira Antonio Coello. Segundo indicou, incidirá na concienciación dos peóns, sobre todo persoas maiores, para evitar accidentes. Outro asunto no que afirmou, vai deixar a pel, é na erradicación da violencia de xénero.

    Coello é funcionario de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social do Estado. Ademais, desde 1994 ata 2003 foi delegado da Consellería de Xustiza en Pontevedra, e logo, ata 2011 edil de Mobilidade e Seguridade Cidadá en Vigo. Del destacouse que coñece ben a provincia.

    Antonio Coello colle o relevo de Delfín Fernández, quen ocupou durante case 8 anos a Subdelegación de Pontevedra. Fernández ofreceulle a súa colaboración e advertiulle que a súa tarefa non será sinxela.

    O novo subdelegado tivo un recordo para os axentes falecidos recentemente na Coruña e na Cañiza.

    Redacción Salnés