Convocan as primeiras protestas contra a reforma laboral do Goberno

    sindicatosreforma copia.jpg PONTEVEDRA> UXT e CCOO sairán á rúa este domingo para denunciar unha Lei que din lesiona os dereitos dos traballadores. Pídenlle a CIG que se una.

    {flowplayer}images/salnes/sindicatos_reforma_laboral140212.flv{/flowplayer}

    Os sindicatos UXT e Comisións Obreiras iniciarán mobilizacións conxuntas contra a reforma laboral impulsada polo Goberno Central. Consideran que as novas medidas en materia laboral supoñen unha brutal agresión contra os dereitos da clase obreira. Entenden que a reforma lle dá unha capacidade de actuación ó empresario, que pasa de xefe a amo.

    Ante isto convocaron para este domingo unha mobilización en Pontevedra, que partirá ás doce do mediodía da Ferraría para rematar ante a Subdelegación do Goberno. O día 29 deste mes teñen prevista outra protesta. Queren unha participación masiva da sociedade e tamén fixeron un chamamento á CIG para que haxa unión sindical contra a reforma.

    UXT e Comisións consideran necesario convocar unha folga xeral, con tódolos sindicatos xuntos, antes de que a reforma sexa aprobada no Congreso.

    Redacción Salnés