O TSXG decreta o derrubamento inminente dun edificio ilegal en Muros

sentenzaderrubamentosertaches100.jpgMUROS> O 29 de febreiro vence o prazo fixado polo TSXG para executar o derrube do edificio Sertaches, en Esteiro, por exceder a altura permitida.

{flowplayer}barbanza/sentenzaderrubamentosertaches.flv{/flowplayer}

A sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é firme, polo que non cabe recurso, e obriga a iniciar o derrube da terceira planta e do ático antes do 1 de marzo.

Segundo os técnicos existen alternativas para legalizar o inmoble, solución que suporía un respiro para os veciños afectados que conviven a diario co temor de perde-la súa casa. Tan só unha decena das trinta e tres vivendas que compoñen o bloque son obxecto de demolición pero tódolos propietarios comparten a mesma inquedanza.

Dende o concello sosteñen que están ó lado dos veciños cos que xa mantiveron varias xuntanzas e mesmo se lle facilitou un servizo de asesoramento por parte do departamento de urbanismo.

Reposición da legalidade

Sen embargo, é responsabilidade dos propietarios iniciar o procedemento para a reposición da legalidade xunto co correspondente proxecto urbanístico. Do contrario non haberá máis remedio que cumprir o fallo xudicial.

Á espera de ver cómo se resolve a situación, o concello xa contratou a un arquitecto para elaborar o proxecto de demolición. Demolición que os propietarios agardan non chegue a materializarse posto que mercaron as súas vivendas con tódalas garantías e non deberían pagar un prezo tan alto polos erros cometidos no seu día ben pola promotora ou ben pola administración que autorizou a obra.

Redacción Barbanza