O Xuven quere recuperar o seu mellor xogo ante o Marín

CAMBADOS>  Este sábado teremos derbi do baloncesto pontevedrés. O Establecimientos Otero visita ó Marín, nun partido no que os cambadeses parten con certo favoritismo. Unha victoria podería aseguralles matemáticamente a presencia na fase de ascenso.

{flowplayer}images/salnes/Xuven_160212.flv{/flowplayer} 

A falta aínda de seis xornadas para o remate, o Xuven podería asegurar a súa presencia na fase de ascenso. Os números dan si gañan en Marín, e Estudiantes e Inec Zamora non fan o propio. Se non é nesta será noutra, o certo é que esas trece victorias en trece partidos dan moito marxe.

O deste sábado non é un encontro máis. Visitan ó Marín, nese derbi pola supremacía do basket provincial. O ano pasado, os cambadeses perderon as súas opcións de ascenso no Pavillón de A Raña, esta temporada queren revancha, aínda que Yago Casal réstalle importancia ó choque.

E é que tras o partido ante o Universidade de Oviedo, quedaron algunhas dúbidas. O equipo notou un baixón importante no segundo tempo que non deberían repetir en Marín se é que queren vencer. Con Jesús Díaz del Río recuperado case ó cen por cen, e coa volta de Alberto Rodríguez e Lucas Vaquero, o equipo debería gañar en consistencia.

O Marín non chega á cita no seu mellor momento. Tras perder dous encontros seguidos ante Ferrol e Ourense Capital Termal, son terceiros con dous triunfos de marxe sobre o cuarto posto. Un equipo que este ano está a amosar problemas co rebote, de feito é o segundo peor conxunto da competición neste aparatado. Iso sí posúe a mellor porcentaxe de acerto en tiros de campo, e xunto co Xuven, é o equipo máis anotador da competición.

Un Marín renovado con respecto ó ano pasado, xoven, no que destaca a figura de Joseba Aramburu, o único que pasa dos 30 anos, o xogador máis importante no aspecto anotador e reboteador do equipo.

Redacción Salnés