O Sábado Inglés cita indiscutible do Entroido vilagarcián

    sabado_inglescopy.jpgVILAGARCÍA> Este ano haberá un premios para cada categoria, grupo, parella e infantil, valorados todos eles en 1500 euros.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_SABADO_INGLES.flv{/flowplayer}

    Coa chegada do Entroido, unha das citas indiscutibles que non pode faltar en Vilagarcía é a celebración do Sábado Inglés. Trátase dun concurso de disfraces que o concello organiza desde fai catro anos en colaboración cos comerciantes e hostaleiros do municipio. Nesta ocasión será o sábado día 25.

    Ir ataviado segundo algunha temática da cultura inglesa é único requisito Inglaterra é o único requisito para participar neste concurso de disfraces que por cuarto ano consecutivo forma parte da programación do Entroido en Vilagarcía.

    O propio día pola noite só terán que achegarse ata a explanada do Auditorio para seren fotografados. Unha vez feita a foto, non será suficiente con iso xa que dado que a finalidade última da iniciativa é dinamizala cidade, o xurado valorará a animación dos participantes nos locais vilagarciáns.

    A diferenza doutros anos, nesta ocasión haberá un só premio por categoría: o de grupo será de 700 euros e o dará o concello. O premio por parellas, unha viaxe a Londres, o ofrecerá Zona Aberta e o individual, valorado en 300 euros, o dará Ahituvi.

    Mentres non chega este día, a programación do Entroido de Vilagarcía arranca este domingo coa celebración do concurso de comparsas.

    Redacción Salnés