A Deputación estudiará con Mar un apoio conxunto ó sector

    louzan_gomez100.jpgPONTEVEDRA> A Federación Provincial de Confrarías acudiu hoxe á Deputación de Pontevedra para interesarse polas axudas que lles darán este ano.

    {flowplayer}images/salnes/reunion_louzan_confrarias_200212.flv{/flowplayer}

    José Antonio Gómez, presidente da federación, propúxolle a Rafael Louzán, que este ano cada confraría poida decidir a que fin destina estas achegas.

    Un dos asuntos que máis preocupa ás confrarías é como afrontar o gasto de vixilancia, sobre todo agora que aumentou o furtivismo. Unha partida que adoitaban cubrir grazas ós convenios coa Xunta.

    Na reunión desta mañá, Rafael Louzán, anunciou que manterá proximamente unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para impulsar unha política conxunta de apoio a todo o sector marítimo, pesqueiro e marisqueiro.

    Desde a Deputación de Pontevedra, informaron hoxe que o pasado ano destinaron preto de 220 mil euros ás confrarías, dentro do convenio anual que mantén coa Federación provincial de Confrarías.

    Redacción Salnés