Os pais de Adisbismur piden un servizo eficiente de transporte

paisadisbismur100.jpgMUROS> Os familiares dos usuarios do transporte adaptado expresaron o seu malestar polo servizo que comezou a prestar o concello.

{flowplayer}barbanza/paisadisbismur.flv{/flowplayer}

Ata o momento, Adisbismur realizaba o transporte con dúas furgonetas que chegaban ó centro ocupacional de Valadares cinco minutos antes da súa apertura. Sen embargo, o vehículo do concello conta só con capacidade para nove persoas polo que teñen que facer dúas viaxes. Os primeiros en chegar deben permanecer máis de media hora ás portas sen a tutela dun monitor.

Os pais non están en contra de que o servizo se xestione directamente polo concello pero esixen que se faga nas mesmas condicións que ata o de agora e a través de profesionais posto que se trata de persoas con necesidades especiais.

Ademais das deficiencias co transporte, acusan ó executivo de desmantelar as actividades de ocio e os programas de inserción laboral que se viñan desenvolvendo.

Débeda

Pola súa banda, Adisbismur lembra que o concello débelle aínda 25 mil euros polo que, para eles, é un alivio que asuman directamente o transporte, pero sempre que se garanta a súa funcionalidade.

Polo momento, os familiares teñen solicitada unha xuntanza coa alcaldesa co fin de buscar un acordo para que os usuarios, principais prexudicados, poidan volver ás clases.

Redacción Barbanza