Solución ós problemas de aparcamento no hospital

    novoaparcamentohospital.jpgBARBANZA> A comunidade de Montes de Oleiros iniciou os traballos de adecentamento nuns terreos contiguos ó centro hospitalaro nos que habilitará unha zona de estacionamento.

    {flowplayer}barbanza/novoaparcamentohospital.flv{/flowplayer}

    Atopar un lugar no que aparcar a diario no hospital da Barbanza é unha auténtica odisea para calquera condutor. A falla de espazo provoca ademais un gran malestar entre os usuarios deste centro hospitalario que en moitas ocasións deben enxeñalas para poder chegar a tempo a unha consulta ó non atopar ningún sitio no que deixar o seu vehículo. Para tratar de solucionar esta situación, a comunidade de montes de Oleiros, iniciou hai varios días o acondicionamento duns terreos anexos ó hospital para habilitar alí unha zona de estacionamento na que se crearán ó redor dunhas cen prazas.

    Nun primeiro momento o uso desta aparcamento será gratuíto, aínda que a comunidade de montes está a estudar a posibilidade de crear nun futuro un aparcamento de pago.

    Estudo da normativa

    A comunidade de montes de Oleiros está a estudar tamén a normativa ó respecto, como tamén a súa xestión, que podería ser directa ou indirecta, a través dunha concesión a unha empresa privada.

    Redacción Barbanza