A vida das traballadoras das cooperativas de Inditext, en Citizen 2

    citizen copia.jpg VILAGARCÍA> Os actores Miguel de Lira e Mónica García escenificarán este sábado a segunda parte da obra que recrea a historia de Inditex.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_CITIZEN_2.flv{/flowplayer}

    Este sábado chega a Vilagarcía a segunda parte da triloxía baseada no imperio textil galego Inditex. Faino da man de actores tan sonados como Miguel de Lira ou Mónica Rivas. Inspirada no filme de Orson Welles ‘Ciudadano Kane’, esta nova entrega de Citizen achegaranos ó mundo das cooperativas que integran a multinacional de Amancio Ortega.

    A obra trata de reflectir a ilusión das mulleres que comezaron a traballar nestas cooperativas como medio de contribuír á economía familiar, e como este ánimo se desmoronou.

    A obra representarase este sábado no Auditorio a partir das nove da noite. As entradas xa están á venda, aínda que tamén se poderán adquirir o mesmo día da representación. O prezo é de cinco euros para a zona A e catro para as B e C.

    Redacción Salnés