O Xuven busca recuperar o seu mellor nivel ante o Rosalía

CAMBADOS> O Xuven reciben o sábado no Pombal ó Rosalía de Santiago. Enfróntase primeiro contra último clasificado. Os cambadeses queren redimirse canto antes da derrota sufrida a semana pasada en Marín.

{flowplayer}images/salnes/xuven_230212.flv{/flowplayer} 

Partido a priori sinxelo este sábado para o Xuven que tras perder en Marín, quere recuperar o seu mellor xogo e asegurar a primeira praza do grupo, unha vez a fase de ascenso está conseguida.

O rival desta xornada é o Rosalía, o último clasificado. Un equipo que mantén o bloque xoven que o ano pasado actuou nesta mesma liga e que foise sen gañar nin un partido. Canda menos esta temporada levan dúas victorias en 14 encontros. A primeira foi antes do Nadal ante o Univesidade de Oviedo e a seguinte á volta das vacacións, fronte ó Narón, ambas como local.

O Rosalía ten as peores porcentaxes de acerto en tiro do grupo. É o conxunto que máis balóns perde por partido e o que menos puntos anota e máis recibe. Todo o contrario que o Xuven, que é líder en practicamente tódalas estadísticas.

A victoria dos cambadeses semella que vai ser clara, pero por enriba de todo o equipo o que busca é recuperar as sensacións que tiña ata hai dúas semanas, antes da visita do Oviedo e da derrota en Marín. 

Aínda pendentes das últimas sesións de traballo, todo fai indicar que Yago Casal poderá contar con tódolos seus homes para esta cita.

Redacción Salnés