Esperanza Salnés segue na procura de fondos para evitar o peche

    esperanza100.jpg CAMBADOS> O colectivo de discapacitados agarda que a exhibición deportiva benéfica organizada para o 4 de marzo supoña un pequeno balón de osíxeno.

    {flowplayer}images/salnes/deportes_esperanza_salnes.flv{/flowplayer}

    O Centro de Atención a Discapacitados Esperanza Salnés, de Cambados, podería ter que pechar as súas portas en tres meses. Así o advertiu hoxe a Canal Rías Baixas o xerente do centro, Augusto Chaves. A entidade volve a ter necesidades económicas, e iso que xa recibiu a axuda anual do Concello de Cambados. Chaves acudirá a vindeira semana ó resto de municipios do Salnés para solicitarlles subvencións.

    Polo de pronto, podería recibir un pequeno balón de osíxeno coa actividade benéfica que se desenvolverá en Cambados o vindeiro 4 de marzo. Consistirá nunha exhibición de ballet infantil, judo e taekwondo, a cargo do ximnasio Vital Sport. A entrada será libre para menores de 12 anos, e para o resto custará dous euros inda que tamén se poderán facer a maiores as achegas que se estimen. Será no pavillón Do Pombal ás cinco e media da tarde.

    Augusto Chaves asegura que as familias dos nenos están moi contentas co traballo do centro, que en marzo cumpre 15 anos, e que o único problema que teñen é económico. Arestora a entidade atende a 26 nenos con discapacidade psíquica ou física de toda a comarca, ós que lles presta un tratamento integral e específico.

    Redacción Salnés