‘Os nosos dereitos están recortados. Esixiremos a mesma representación’

    cig_consello_economicocopy.jpgVILAGARCÍA> Deste xeito puxo a CIG de manifesto o seu descontento coa modificación do regulamento do Consello Económico e Social.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_CONSELLO_ECONOMICO_VILAGARCIA_240212.flv{/flowplayer} 

    No pleno do mes de xaneiro a corporación municipal de Vilagarcía aprobou a modificación do regulamento do Consello Económico e Social polo que se incluía unha representación de diferentes colectivos do concello en detrimento dos sindicatos que pasaban de 6 representantes a 3.

    Por iso, desde a CIG puxeron esta mañá de manifesto o seu descontento xa que consideran que se están recortando os seus dereitos.

    Con todo, a corporación municipal é a que terá a última palabra. Aínda así, Xoán Xosé Bouzas confesou non entender este cambio xa que o que se debata neste órgano non é de obrigada aplicación.

    Para a CIG o lóxico sería que antes de aprobar unha modificación, o alcalde tería que reunirse cos membros do mesmo para chegar a un consenso.

    Nos vindeiros días, desde a CIG sinalaron que lles van remitir o seu parecer por escrito.

    Redacción Salnés