As prazas dos campamentos da Lanzada sortearanse vía electrónica

campamentolanzada copia.jpg PONTEVEDRA> Desde a Deputación avanzan que se concederá preferencia ós nenos que non participaron outros anos e a matrícula manterase en 68 euros.

{flowplayer}images/salnes/CAMPAMENTOS_VERAN_LANZADA_270212.flv{/flowplayer}

A Deputación de Pontevedra traballa xa na organización dos campamentos de verán que cada ano traen á Lanzada a milleiros de cativos de toda a provincia. Nesta ocasión ofértanse preto de tres mil prazas, aínda que o ente provincial intenta ampliar esta cifra ante a gran demanda que sempre teñen os campamentos. A novidade este ano está na adxudicación das prazas: será por sorteo electrónico e ante notario.

Os campamentos están dirixidos a nenos que naceran entre os anos 1999 e 2004, ambos incluídos. Desenvolveranse entre o 24 de xuño e o 8 de setembro en once quendas de sete días. Durante a súa estancia na Lanzada os cativos poderán participar en actividades como vela, sendeirismo ou facer excursións á Illa de Ons. O prezo do campamento por neno é de 68 euros.

O presidente provincial, Rafael Louzán, apuntou que desde a administración están a traballar tamén na posibilidade de organizar, incluso este mesmo verán, outros campamentos na Cidade Infantil Príncipe Felipe, en Pontevedra, ó contar este lugar coas instalacións axeitadas. Louzán aproveitou para lembrar que, unha vez estea concluída a Pousada da Lanzada, as persoas con mobilidade reducida tamén poderán gozar deste entorno ó igual que os cativos que participan nos campamentos, ó contar con dependencias adaptadas a estes colectivos.

Redacción Salnés