O IES Número 1 solidarízase cos estudantes de Valencia

    concentracioniesnumero1100.jpgRIBEIRA> No Barbanza secundaron as concentracións en solidariedade cos estudantes agredidos a pasada semana en Valencia.

    {flowplayer}barbanza/concentracioniesnumero1.flv{/flowplayer}

    Máis dun cento de mozos ribeirenses do instituto Número 1, acompañados de profesores e pais, secundaron unha concentración en solidariedade cos estudantes de Valencia, moitos deles menores de idade, que resultaron agredidos pola policía a pasada semana.

    A convocatoria desta concentración partiu da da Confederación de Asociacións de ANPA’s de centros públicos a nivel estatal, así como tamén das asociacións estudantís.

    Contra os recortes

    A convocatoria súmase tamén as accións que a comunidade educativa deste centro está a levar a cabo nas ultimas semanas, denunciando os recortes que se están a dar no ensino, que segundo eles, debería ser un servizo prioritario para calquera goberno.

    Redacción Barbanza