A droga do ‘Ratonero’ acadaría no mercado os 100 millóns

    fotoratonerocopia.jpgVIGO> Esta embarcación con base en Arousa, fora apresada o pasado mércores preto das Illas Azores e esta mañá chegou ó Porto de Vigo remolcado polo buque Petrel.

    {flowplayer}images/salnes/RatoneroChegaVigo.flv{/flowplayer}

    Tres veciños do Salnés, un uruguaio afincado en Vilagarcía e un colombiano. Catro deles foron trasladados ós calabozos da Garda Civil en Vigo ó redor das 11:30 da mañá. O patrón, o grovense José Luis Devesa tivo que agardar no barco mentres se facía o rexistro e a descarga. Este barco xa fora relacionado no 2008 co tráfico de drogas.

    A incautación volve a poñer  en valor a Ruta Atlántica que comunica Galicia cos cárteles da droga de Sudamérica. Neste caso estaríamos falando de Colombia.

    A Operación Marine, como se deu en chamar, iniciouse hai varios meses, cando se detectou ó Ratonero saíndo da zona do Grove para ir a faenar, pero sen levar aparellos de pesca. A sospeitas dos corpos de seguridade fixeron que se levara a cabo un seguimento e que finalmente puidera ser detida a embarcación.

    Foi unha operación conxunta da Garda Civil ea Axencia Tributaria. É a incautación máis grande feita en Galicia nos últimos dous anos. E é grazas a operacións coma esta, dixo o subdelegado que se está a reducir a oferta. Os detidos pasaron esta mesma tarde a disposición da xuíza que instrúe o caso, a titular do xulgado número 3 de Vigo, Marisol López.

    Redacción Salnés