O Fiscal eleva a 21 anos a petición de cadea para Argibay

    ARGIBAYULTIMASESION copia.jpg PONTEVEDRA> Considera ó avogado pontevedrés culpable de tres delitos de estafa. Tamén solicita o pago dunha indemnización por valor dos bens adquiridos.

    {flowplayer}images/salnes/ultima_sesion_argibay.flv{/flowplayer}

    O fiscal considera a Manuel Franco Argibay culpable de tres delictos de estafa, polos que se fixo con propiedades do constructor José Rodríguez e da súa nai Isaura, valoradas en 730.000 euros. Asegura que foi adquirindo estes bens valéndose dunha gran relación de confianza cos seus clientes.

    O Ministerio Fiscal considera probado neste xuízo que Franco Argibay cometeu as estafas a través de varias sociedades manexadas polo avogado, pese a estar outras persoas de administradores. Fixo fincapé, que estas persoas declararon no xuízo non ver nunca cantidade de diñeiro algunha nas operacións de transacción dos bens.

    Os argumentos do Ministerio Fiscal foron secundados polos dous avogados da acusación particular, que representaban a José Rodríguez e á súa nai Isaura Rodríguez. Insistiron en que a familia Rodríguez mantivo desde o primeiro momento unha versión coherente dos feitos. E tamén consideran pouco crible a estratexia da defensa de que Argibay foi realmente o estafado polos Rodríguez. Pola súa banda, o avogado de Manuel Franco pediu para el a libre absolución, e mesmo a liberdade provisional se o caso vai ó tribunal Supremo. Insistiu en dicir que Argibay si pagou polos bens que se lle transmitiron, e que o fixo ó contado porque tiña diñeiro daquela, recoñecendo ademais que era para branquear capital. Puxo en dúbida tamén a intención de José Rodríguez de desfacerse destes bens para protexelos por tardar máis de dous anos en facelo e por separado, cando o máis lóxico para declararse insolvente tería sido efectuar a transmisión nun só bloque.

    Franco Argibay fixo uso dun último turno de palabra e declarouse inocente, antes de volver á prisión da Lama onde cumpre condena por branqueo de capitais, dentro da operación Cormorán.

    Redacción Salnés